PRESENTACIÓN

ORGANIZACIÓN

TRANSPARENCIA

SÍmbolo CIDEGA

PRESENTACIÓN

Misión

Contribuír á innovación no eido da actividade física e do deporte mediante unha investigación de excelencia e unha transferencia de resultados potente de forma responsable, multidisciplinar, competitiva e comprometida para impulsar o desenvolvemento académico e empresarial do entorno. Trátase de convertirse nun axente de referencia único e singular, polo impacto, contribucións e colaboracións, dentro do ecosistema das Ciencias do Deporte do país e internacionalmente.

O Obxectivo Xeral do CIDEGA é investigar e analizar, de forma multidimensional, as diversas variables implicadas na práctica da actividade física e do deporte, así como no rendemento deportivo, contribuíndo así ao avance científico desta área.

Este Obxectivo Xeral concrétase concrétase nos seguintes obxectivos específicos:

  • Impulsar e desenvolver investigación innovadora e de calidade no ámbito das Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
  • Promover a xeración de coñecemento na comunidade científica, a partir dos resultados de investigación obtidos e publicados en revistas científicas.
  • Desenvolver unha formación de investigadores de calidade, en cooperación con outros centros de investigación nacionais e internacionais.
  • Desenvolver programas de formación especializada para profesionais das Ciencias do Deporte, contribuíndo á actualización permanente do seu coñecemento e mellora profesional.
  • Promover a transferencia dos resultados de investigación, de forma que logren un impacto eficaz sobre a actividade profesional dos Preparadores Físicos y Redaptadores, Directores Deportivos e Profesores de Educación Física, nos ámbitos relacionados coa Actividade Física e Saúde, o Rendemento Deportivo, a Enseñanza do Deporte e a Organización e Xestión do Deporte.

O CIDEGA defínese como unha ferramenta que a Universidade de Vigo pon a disposición do ecosistema deportivo galego, para xerar coñecemento aplicado con potencial trasnformador na nosa realidade máis cercana. Trátase de converterse en un axente estratéxico que permite potenciar as sinerxías entre o coñecemento científico máis avanzado e o tecido empresarial e institucional do deporte en Galicia.

Así, o Insituto articúlase en torno a 7 eixos estratéxicos:

E1. Crear unha cultura de investigación de excelencia e referente

E2. Alcanzar una masa crítica de investigadres de excelencia

E3. Crecer e manter o output de publicacións

E4. Acadar partnerships estratéxicos e colaboraciones

E5. Transferir o coñecemento ao sector produtivo

E6. Crecer en financiación externa

E7. Potenciaciar e reter o talento científico

ORGANIZACIÓN

Consello de Administración
  • Reitor da Universidade de Vigo: Manuel Reigosa Roger
  • Vogal en representación do Consello Social da Universidade de Vigo: Ernesto pedros Silva.
  • Vogal en representación de investigadores/as vinculados ao centro: Alba Cuba Dorado
  • Vogal en representación do persoal do centro: Luis Pita Carballo
  • Representante das institucións públicas ou privadas que contribúan de maneira substancial e estable ao financiamento ou a actividade do instituto: (pendente de nomeamento)
  • Director do Instituto: Carlos Lago Peñas
  • Secretaria do Instituto: Mª de los Ángeles Fernández Villarino
  • Dirección: Carlos Lago Peñas
  • Secretaría: Mª de los Ángeles Fernández Villarino
  • Dirección: Carlos Lago Peñas
  • Secretaría: Mª de los Ángeles Fernández Villarino
  • Investigadores/as promotores:
    • Carlos Ayán Pérez. Catedrático na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo.
    • Roberto Barcala Furelos. Catedrático na Área de Didáctica da Expresión Corporal da Universidade de Vigo.
    • José María Cancela Carral. Catedrático na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo
    • María de los Ángeles Fernández Villarino. Profesora Titular na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo.
    • Óscar García García. Profesor Titular na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo.
    • Alfonso Gutiérrez Santiago. Profesor Titular na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo.
    • Carlos Lago Peñas. Catedrático na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo.
    • José María Pazos Couto. Profesor Titular na Área de Didáctica da Expresión Corporal da Universidade de Vigo.
    • Ezequiel Rey Eiras. Profesor Titular na Área de Didáctica da Expresión Corporal da Universidade de Vigo.
    • Vicente Romo Pérez. Profesor Contratado Doctor na Área de Didáctica da Expresión Corporal da Universidade de Vigo.
    • Patricio Sánchez Fernández. Profesor Titular na Área de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo.
    • María Elena Vila Suárez. Profesora Titular na Área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo.
  • Persoal investigador non permanente en formación: Alba Cuba Dorado
  • Miguel Gómez Ruano. CU. (Ranking Stanford). Universidad Politécnica de Madrid.
  • Jaime Sampaio. CU. (Ranking Stanford). Universidad Tras-Os-Montes e Alto Douro.
  • Jonatan Ruiz Ruiz. CU. (Ranking Stanford). Universidad de Granada. Director Instituto Universitario de Investigación.
  • Miguel Fernández Del Olmo. CU. Universidad Rey Juan Carlos.
  • Ruth Jiménez Castuera. CU. Universidad de Extremadura.
  • Perla Moreno Arroyo. CU. Universidad de Granada.

ÁREA DE TRANSPARENCIA - DESCARGAS

INFORMACIÓN INSTITUCIONAL