Chamada pública de adscrición ao Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte – CIDEGA

05/06/2026
Investigadores CIDEGA-Uvigo-Pontevedra-Facultade-Ciencias-Deporte


(aprobada na sesión constitutiva do 10/11/2025)


PREÁMBULO


O Instituto de investigación en Ciencias de Deporte (CIDEGA) foi aprobado recentemente
 pola Universidade de Vigo (UVigo). O CIDEGA, con sede física na Facultade de Ciencias da
 Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra, é un Instituto propio de carácter
 multidisciplinar cunha finalidade de investigación, innovación científica e transferencia de
 coñecemento no eido da saúde, a promoción da calidade de vida, a prevención de riscos,
 o desenvolvemento socio-educativo e a optimización do rendemento nos ámbitos da
 educación, o deporte, a actividade física e a saúde. As liñas de investigación do CIDEGA son 
as seguintes:

  1. Análise do efecto da carga de adestramento e competición no sistema
neuromuscular en deportistas ben adestrados ou de elite.
  2. Exercicio físico para adultos maiores.
  3. O rendemento deportivo a través da metodoloxía observacional.
  4. Avaliación da competencia motriz.
  5. Exercicio físico en poboación con discapacidade.
  6. Epidemioloxía da actividade física e saúde pública.
  7. Emerxencias na actividade física e o deporte, salvamento e socorrismo.
  8. Adestramento deportivo en deportes colectivos.
  9. Praxes docente Educación Física e deporte.
  10. Análise do rendemento en deportes colectivos.
  11. Economía do deporte: xestión e finanzas
.

A política de incorporación ao CIDEGA baséase nun sistema de adscrición individual co 
obxectivo de abrir as portas a aquelas/es investigadoras/es da UVigo, de calquera ámbito 
científico, que desenvolvan liñas de traballo compatibles coa axenda científica do Instituto
e que desexen integrarse nel.


PERSOAS CANDIDATAS ELIXIBLES E PROCESO DE ADSCRICIÓN


O proceso de vinculación de persoal investigador da UVigo no CIDEGA está descrito no 
artigo 11 do Regulamento de réxime interno: Artigo 11. Proceso de vinculación y
 desvinculación do persoal investigador:

  1. A vinculación a CIDEGA implica:


a. A aceptación dos procedementos, regulamento e normas de 
funcionamento do CIDEGA.


b. Asumir a estratexia xeral de investigación por temática, capacidade
 técnica e vontade de fomentar a investigación, transferencia, divulgación e
formación.


c. Colaborar, participar e apoiar as actividades e liñas prioritarias
 establecidas pola Xunta Directiva e a Comisión Científica.


d. Desenvolver a súa actividade aliñada á axenda científica, sen prexuízo da
 súa actividade noutros ámbitos.

2. A incorporación ao CIDEGA de persoal investigador realizarase en función de
criterios de mérito investigador e idoneidade para as prioridades e liñas de
investigación do CIDEGA.

3. En xeral, os investigadores do CIDEGA non poderán estar vinculados a ningún
 outro Instituto ou Centro de Investigación, tendo en conta que a súa actividade 
investigadora e produción científica, para os efectos de adscrición e valoración de 
indicadores, tamén estará vinculada ao CIDEGA. Esta circunstancia non debe
 supoñer un impedimento para que a actividade do investigador vinculado poida ser
utilizada ademais pola organización académica (Departamento ou Centro) á que 
pertenza para os efectos das correspondentes obrigas docentes e investigadoras.

4. Con carácter excepcional, poderá contemplarse o recoñecemento de
investigadores a tempo parcial vinculados ao CIDEGA cando a súa contribución sexa
 determinante para a incorporación de capacidades disciplinarias de interese para o
 desenvolvemento do CIDEGA e a súa Axenda Científica. Neste caso, o investigador 
poderá combinar a pertenza a dous institutos, repartindo os méritos entre ambos e
non poderá exercer a dirección científica de ningún deles.

5 Para ser persoal investigador vinculado deberá solicitar ao Director/a do CIDEGA 
a súa vinculación formal, na que se destacará a adecuación da súa actividade en
relación con algunha das prioridades e liñas de investigación do CIDEGA.

6 O/a directora/a do instituto avaliará a solicitude segundo os obxectivos do
 CIDEGA, emitindo informe non vinculante á Comisión Científica, que será o órgano 
competente para a súa aprobación.

7 Os/as investigadores/as deberán indicar o seu compromiso de vinculación co
 instituto durante, polo menos, 3 anos. Nos casos excepcionais de investigadores
cuxa contribución sexa determinante para o desenvolvemento da axenda científica
 e estean vinculados ao Instituto con dedicación parcial, este compromiso vinculante
 reducirase nun 50%.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES


As datas para a presentación de solicitudes serán entre 15 e o 30 de xuño de 2026. As 
persoas solicitantes deberán cumprimentar o formulario en liña de expresión de interese,
no que se lle pedirá que cargue o seu curriculum vitae (en galego, español ou inglés), en
 calquera formato, preferentemente CVA (abreviado de 4 páxinas).


PROCESO DE AVALIACIÓN DAS SOLICITUDES


As solicitudes serán avaliadas pola Comisión científica, tralo informe previo do Director/a do CIDEGA atendendo a criterios de méritos de investigación e idoneidade, e respectando os principios de igualdade de oportunidades. As solicitudes aprobadas serán remitidas á Xunta directiva para a súa ratificación e serán comunicadas á Vicerreitoría de investigación da UVigo.

ANEXO. FORMULARIO DE EXPRESIÓN DE INTERESE

Deberá completarse en liña, a través do formulario: https://forms.office.com/e/giGE3rmjmS?origin=lprLink

OTRAS NOTICIAS QUE TE PUEDEN INTERESAR